Rumboia #184: Airiños de Fene

Rumboia #184: Airiños de Fene

Mar | 20:30 | 20:41

A Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene nace no ano 1987. Dende os seus inicios a Banda tiña e ten como obxectivo primordial a recuperación, transmisión e difusión da música tradicional galega, usando sempre instrumentos tradicionais. Conta cun grupo de baile, Cambadela; dous grupos de Cantareiras: Xerfa y Xirifeiras e un coro de voces mixtas “TradiCoro”. E non hai que esquecer unha parte moi importante da agrupación como son as súas escolas, pensadas para aprenderlle ás novas xeracións o canto, baile e a música tradicional.

Dende a súa fundación, Airiños de Fene organiza tódolos anos unha xuntanza de gaiteiros onde distintos grupos, bandas ou músicos dan a coñecer, o mellor do seu repertorio, así como o intercambio de proxectos e ideas para potenciar as tradicións e darlle pulo ó uso da instrumentación tradicional. 

 

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar