Rumboia #39: Os Viqueiras

Rumboia #39: Os Viqueiras

Mar | 20:00 | 20:11

No ano 2017, Manuel Viqueira Noia aposta por editar un traballo discográfico recollendo repertorio da zona de Ordes e, principalmente, do seu pai Manuel Viqueira Vieites. Recollendo a paixón que lles legara Manuel Viqueira Vieites aos seus catro fillos que, a finais dos anos 80 formaran o cuarteto Os Viqueiras de Ordes, xurde o traballo Vilaverde. Un total de 11 cortes recollen parte dos temas que eran repertorio habitual de Manuel Viqueira e doutros grupos e solistas da contorna de Ordes. O disco foi gravado e editado por Arturo Vaquero nos estudios Abrigueiro (Friol - Lugo)

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar