Rumboia #200: Noitarega

Rumboia #200: Noitarega

Mar | 19:00 | 19:12

Falar de Noitarega non é falar dun grupo novo, é falar dunha banda lendaria dentro do panorama da música tradicional galega que soubo gañarse a pulso o respecto e cariño do público. En 1989 fundaron el grupo Xosé Oliveira, Fernando Costas, Xosé María Gutiérrez e Manuel Alonso e na gravación do seu primeiro disco, 'Noitarega', contaban xa con Xaime Rivas.

Ao longo destes anos  colleitaron numerosos premios e ofrecendo innumerables actuacións tanto por toda a xeografía galega e española, Francia , Portugal, ou Estados Unidos, consolidándose como un dos maiores expoñentes da música tradicional galega e como embaixadores da cultura galega por todo o mundo. Musicalmente, tanto en concertos como traballos discográficos veñen ser un fito nunha nova interpretación, xuntando o sabor do tradicional con novas interpretacións. 

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar