Rumboia #28: Cantatí
Mar | 20:00 | 20:10
Fundouse en Lugo, no ano 2004, o grupo Cantatí. Orixinariamente o colectivo púxose por nome 'Canta ti que a min dame a risa' e finalmente quedou reducido á denominación coa que publicaron o seu traballo Mira como Veño (2007). Cantatí caracterízase por ser radicalmente fieis á música tradicional. Sen instrumentos que alleos, como poden ser as baterías ou as guitarras eléctricas, soa a música de Cantatí que prefiren cinguirse ao tradicional mantendo as melodías e o xeito de cantar, e engadindo arranxos instrumentais e polifonía.