Rumboia #207: Óscar Ibáñez

Rumboia #207: Óscar Ibáñez

Mar | 19:00 | 19:11

Óscar Ibáñez é un recoñecido gaiteiro pontevedrés, docente e investigador. Ao longo da súa ampla carreira foi galardoado en numerosas ocasións, tanto en dixitación aberta como en pechada. É mestre en Educación Musical, especialista universitario en Música Tradicional Galega, en Arquivística, e ademáis de Grao Profesional LOE na especialidade de gaita de fol galega, tamén cursou estudos oficiais de frauta de bico.

Dos seus numerosos traballos discográficos, a Rumboia trae 'Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela' un traballo creado no ano 2017, para homenaxear ao gaiteiro de Viascón co gallo do 25 aniversario do seu pasamento, no que inclúe unha selección do seu repertorio máis característico interpretado coa súa propia gaita de dixitación pechada, xunto con outras pezas rescatadas de diferentes gravacións inéditas. 

Consciente da responsabilidade que supuña o proxecto, Oscar Ibáñez interpretou este repertorio respectando o singular toque pechado de Ricardo Portela, achegándose o máis posible ao seu estilo, técnica interpretativa e ornamentación, polo que para levar a cabo o proxecto elaborou un longo traballo previo de análise e transcrición.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar