Rumboia #79: Ghaita de Pedra

Rumboia #79: Ghaita de Pedra

Mar | 20:30 | 20:42

'Nekiño' foi o título do primeiro traballo discográfico co que a banda Ghaita Depedra presentouse en directo, o 25 de abril do ano 2009, no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. A banda estará acompañada sobre o escenario dalgúns dos músicos que participaron na gravación do disco e de Proxectodanza.com, un grupo de baile integrado por Xabi Iglesias, Lis Latas, Ana Novoa e Belén López. 

'Nekiño' foi gravado nos estudios Abrigueiro de Friol, por Arturo Vaquero entre os meses de agosto de 2008 e marzo de 2009, e contou coa colaboración de artistas destacados do mundo do folk e a música tradicional, entre eles, Anxo Pintos, Iván Costa, Begoña Riobó, Julio Abal e Antón Méndez.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar