Rumboia #25: Xarín

Rumboia #25: Xarín

Mar | 20:00 | 20:09

O grupo Xarín do Incio (Lugo) é un dos históricos da música tradicional galega. Composto por Cosme (mestre), Suso (profesor de música), Neme (empresario), Totono (bancario), Luís (enxeñeiro) e Iria, a máis nova, compoñen o grupo gaiteiro do Incio creado en 1985. Gaitas, bombo e tamboril acompáñanse do acordeón, a flauta traveseira e o violín, son os instrumentos. No ano 1999 editaron o seu único traballo discográfico que recolle temas míticos da montaña do sur de Lugo como a 'Carballesa do Incio'.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar