Rumboia #104: VerdeGaio

Rumboia #104: VerdeGaio

Mar | 19:00 | 19:12

O dúo Verdegaio xurdiu en 2005 coa intención de gozar facendo música tradicional e compartila en bailes, festivais e foliadas. Confórmano Xabier Blanco (acordeón diatónico, melodeón e mandolina) e Alexandre Cadarso (gaitas e acordeón cromático); ambos os experimentados e viaxados por toda Galicia, Irlanda, Francia, Portugal e Estados Unidos para participar en festivais e impartir cursos do repertorio tradicional galego.

En 2008 sacaron o seu primeiro traballo discográfico titulado ' Repenicoque na pedra' que aglutina unha selección de temas tradicionais, interpretados a maioría das veces cunha base de gaita e acordeón e co que homenaxean aos que no pasado contribuíron a enriquecer este patrimonio de Galicia.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar