Rumboia #84: Os Campaneiros de Vilagarcía

Rumboia #84: Os Campaneiros de Vilagarcía

Mar | 20:30 | 20:40

Os Campaneiros de Vilagarcía foi un dos cuartetos de gaitas de música tradicional galega mais importantes do  século XX. Formado nos anos 20 en Vilagarcía de Arousa, permaneceu en activo ata 1984, sendo un dos grupos de gaiteiros mais lonxevos da nosa historia, con mais de 50 anos tocando.

Fundárono José e Ramón Valiñas, dos Campaneiros, de ahí o nome, que era o alcume familiar. Na percusión houbo variación ao longo da historia do grupo, ata que nos anos 60 a formación acada a excelencia coa incorporación de Celestino e José Carballa 'Os Sabelos' fillos de “Palla Mallada” un coñecido gaiteiro da comarca arousá. A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, en colaboración co Concello de Vilagarcía rendeu homenaxe ao histórico grupo de gaitas, Os Campaneiros, coa gravación dun disco no ano 2018, no que participaron diversos grupos que reiterpretaron ao mítico grupo arousán.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar