Rumboia #195: Xoan Carlos Rilo

Rumboia #195: Xoan Carlos Rilo

Mar | 19:00 | 19:12

Xoan Carlos Rilo naceu en Baracaldo, Bizcaia, e iniciouse nos estudos de gaita aos sete anos no Centro Galego de Llodio, Álava, e na Casa de Galicia de Bilbao onde o seu pai era mestre gaiteiro. Sendo aínda moi neno, ten acompañado a grupos como Os Brisas da Coruña, Xiada, e Os Tempranos de Eirís. 

Ten participado como gaiteiro co grupo Xacarandaina e co grupo Lembranzas. Dirixiu varios grupos e bandas de gaitas como Treboada de Curtis, O Xico de Oza dos Ríos e Monte Medela de Cesuras. Tamén formou parte do Ballet Galego Rei de Viana e do Grupo de Música Tradicional do IGAEM (hoxe AGADIC), actuando en distintos países de todo o mundo. Na actualidade, ademáis de seguir traballando como Mestre Gaiteiro da AGADIC  e dar concertos didácticos en CEIPs de A Coruña,colabora con varias agrupacións musicais.

'O ronsel do meu sentir'  é o primeiro traballo discográfico en solitario. Unha escolma de temas da súa autoría na que mistura  gaitas cos instrumentos de percusión máis relevantes da música tradicional galega. Trata de amosar con claridade o seu peculiar e persoal estilo de concebir a gaita: dozura e sensibilidade, paixón e emotividade , sinxeleza e complexidade, tradición e por que nón, modernidade.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar