Rumboia #132: Agustín Sánchez

Rumboia #132: Agustín Sánchez

Mar | 20:30 | 20:16

Agustín Sánchez compaxina as facetas de músico e compositor coa de mestre de música. Titulado en Educación Musical pola USC e posuínte do Título Profesional de Gaita Galega, conta cunha ampla experiencia no eido da música tradicional, tendo participado como gaiteiro en importantes festivais internacionais e acadando importantes galardóns da música tradicional.

'Pezas de aquí e acolá' é o título do primeiro traballo discográfico de Agustín Sánchez dedicado integramente á formación de cuarteto tradicional, no que se recolle unha selección das súas composicións e arranxos para esta formación. Partindo sempre da tradición do seu lugar de orixe, Galiza, Agustín introduce algúns dos ritmos e xéneros más representativos do novo continente, achegándo países como Arxentina, Venezuela, Cuba ou EE.UU, e empregando unicamente a sonoridade propiciada polas gaitas e a percusión tradicional.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar