Rumboia #171: Spiritu 986

Rumboia #171: Spiritu 986

Mar | 20:30 | 20:45

O gaiteiro Anxo Lorenzo, xunto con Pedro González e Carlos Mariño formaron o grupo Spiritu 986.O primeiro disco desta formación, 'A sombra do lobo' saíu ao mercado en 2001, conseguindo o unánime eloxio da crítica pola perfecta fusión entre tradición e modernidade, unindo o son da gaita máis ancestral coa máis vangardista produción musical a través da máis moderna tecnoloxía.

Spiritu 986 fusionou a gaita con música electrónica, co que conseguiu arrincar o son máis bailable e tecnificado das raíces do folk galego.O grupo vigués, irrompeu con forza no 2001 no panorama da world music  con este primeiro traballo; un álbum que contou con colaboracións como a de Anubía nas voces, a guitarra de Cuchús Pimentel ou a percusión de Pandeiromus entre outros.

 

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar