Rumboia #56: Pallamallada

Rumboia #56: Pallamallada

Mar | 20:00 | 20:11

Pallamallada é un grupo tradicional das terras da Arousa. Creado a mediados dos anos oitenta, presentou o seu primeiro traballo en 1989, 'Porque non hei cantare', (Tecnosaga, 1989), cun repertorio baseado nas pezas tradicionais que o propio grupo foi recollendo cos anos ao longo da xeografía galega. Esta liña mantense nas seguintes achegas discográficas de Pallamallada: 'Na seitura do Barroso', (Ed. do Cumio, 1994) e 'Caloeiriña das Bouzas', (Ed. do Cumio, 1997), onde para alén da instrumentación típica do cuarteto tradicional, gaitas e percusión, engaden outros instrumentos coma zanfona, clarinete ou acordeón; ademais, un fato de pandeireteiras forman parte do grupo dende os seus comezos, sendo unha das formacións pioneiras en as incorporar no folk contemporáneo.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar