Rumboia #62: Davide Salvado

Rumboia #62: Davide Salvado

Mar | 20:30 | 20:41

Davide Salvado fai unha das apostas máis rompedoras da música galega no ano 2015, partindo dende o máis fondo da tradición e buscando a conexión telúrica coa terra galega a través de 'Lobos'. Este primeiro disco reflicte a pureza da tradición e pon sobre a mesa unha proposta escénica atrevida e rompedora que desvela a personalidade deste artista con longa traxectoria na música galega. Davide Salvado pasou metade da súa vida percorrendo aldeas na búsqueda de ritmos, coplas e danzas. O disco 'Lobos' pretende ser unha homenaxe a todas as pandereteiras e bailadoras, mulleres fortes e anónimas que lles ensinaron a Davide a ser o que é.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar