Rumboia #65: Xiradela

Rumboia #65: Xiradela

Mar | 20:30 | 20:38

Cando, sendo unhas nenas, estas artistas de Arteixo comezaron a cantar, non imaxinaban que con Xiradela viaxarían por media Europa e compartirían escenario cos Chieftains, Carlos Núñez ou Dulce Pontes. Pandeireta redonda como o Sol e a Lúa, como o ciclo da vida, como o propio nome de XiradelaMirade se é grande o poder da pandeireta. A receita de Xiradela, voz e percusión, por elemental é absolutamente plena, porque toca directamente nas febras máis fondas do noso ser. Unha receita humilde na que, dalgún xeito, se resume o pulso do Universo todo.  (Texto de Xurxo Souto).

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar