Rumboia #17: Rodrigo Romaní
Mar | 20:00 | 20:09
Rodrigo Romaní presenta o seu cuarto traballo discográfico 'Fíos de ouro no ar'. Faino anovando esta vez no formato, presentándose como Rodrígo Romaní Trío na compaña de Bea Martínez (arpa) e Xulia Feixoo (percusión). As dez pezas deste 'Fíos de ouro no ar ' revelan un abano de sonoridades delicadas ao mesmo tempo que definidamente rítmicas, evocadas pola complexidade de dúas arpas combinadas con elementos electrónicos e percusións acústicas, unidas ao canto e a ocarina.