Rumboia #69: Alustros Trio

Rumboia #69: Alustros Trio

Mar | 20:30 | 20:40

Alustros é un trio formado en Bos Aires no ano 2010 publicaron o seu traballo discográfico 'Á Feira !!!'. Esta formación nace vencellada aos centros galegos da Arxentina e representa a calidade musical acadada por mozos e mozas que, aínda lonxe de Galiza, teñen a música tradicional como referente. O trio está formado por Santiago Agustín Molina, Ramiro Nicolás Especht Hubczyk, Pablo Martín Rocco Couselo. Alustros ten participado en numeorsos eventos culturais relacionados coa música galega na Arxentina. Entre os seus componentes é de destacar a importante labor didáctica que desenvolven.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar