Rumboia #104: Berrogüetto

Rumboia #104: Berrogüetto

Mar | 20:30 | 20:42

Berrogüetto, grupo folk nado a mediados dos anos 90, despois da separación de Matto Congrio, de onde procedían tres dos seus compoñentes: Santiago Cribeiro, Anxo Pintos e Isaac Palacín; e aos que se uniría, Guillerme Fernández, Quico Comesaña e Quim Fariña. Axiña acadou Berrogüetto éxito entre público e crítica, tanto en Galiza coma no estranxeiro, avalado pola traxectoria e calidade dos seus compoñentes. O seu disco de estrea foi 'Navicularia' (Do Fol , 1996), onde apresentaron os que ían ser os seus sinais de identidade: preponderancia da instrumentalidade e fusión da tradición galega con músicas doutras terras. Pasarían por Berrogüetto voces importantes como Guadi Galego ou Xabier Díaz. No ano 2014 disolveuse esta emblemática banda que nos deixou cinco discos e infinidade de emocións.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar