Rumboia #136: Efraím Díaz
Mar | 20:30 | 20:41
Efraím Díaz é un músico lucense Titulado Superior de Percusión e Titulado Profesional de Gaita. Como percusionista formou parte de diversas agrupacións e exerceu como docente en diversas escolas de música. Actualmente é solista de percusión na Banda Municipal de Música de Lugo e profesor na Escola Municipal de Música desta cidade; dende 2016 é membro fundador e presidente do Instituto Galego de Estudos do Pito Pastoril.
No 2015 editou o seu segundo disco coma solista. 'Pito galego', froito dun amplo traballo de investigación e inclúe 19 temas onde amosa a versatilidade deste instrumento e os variados recursos interpretativos do pito. Hai temas da tradición galega, da irlandesa ou da armenia, composicións medievais ou barrocas e pezas propias.
O pito é un instrumento tradicional galego, un tipo de frauta que ten unha dixitación e unha afinación similar á da gaita e que estivo a piques de desaparecer. Foi un instrumento de pasatempo pastoril, pero pouco a pouco foi acadando unha perfección que lle confire dúas octavas cromáticas, ideal para tocar só, acompañando a voz, con percusións, zanfonas, requintas ou mesmo con gaitas.